ENTREVISTA

A entrevista de traballo

ANTES DA ENTREVISTA

A primeira impresión será moi difícil de borrar. Por esta razón é moi conveniente que coides a túa imaxe:

  • Coida o teu aspecto utilizando un vestiario discreto, formal e adaptado ó posto de traballo.
  •  Leva o pelo ben arranxado.
  • Utiliza unha maquillaxe pouco esaxerada.
  • Evita os perfumes fortes
  • Controla a ansiedade practicando técnicas de relaxación: respiracións profundas, etc.
  • Obtén a máxima información sobre a empresa, o posto, o sector ó que se dedica.
  • Prepara o teu currículo adaptándoo ó posto concreto
  • Ten en conta que a maioría das veces citarante á entrevista a través do teléfono, polo que che aconsellamos que coides tamén este momento. Por isto procura non porte nervioso/a cando recibas a chamada e coida aspectos como: o teu ton de voz, a amabilidade, a simpatía, a brevidade. 


DURANTE A ENTREVISTA:

A entrevista de traballo en si comeza no momento no que se entra pola porta da empresa. Observa o ambiente de traballo (se a entrevista se realiza na propia empresa) e reláxate.

-  Presentación e puntualidade

É importante que chegues coa antelación suficiente, sobre uns 10 minutos antes, isto axuda a tranquilizarte e tamén demostra interese en conseguilo posto.

-  Saúdo

Saúda á persoa que te vai entrevistar polo seu nome, se o coñeces, e agradécelle que te recibira, mirándoo ós ollos e estreitándolle a man de maneira franca e segura. Recorda que a primeira impresión é decisiva.
Unha vez a soas co entrevistador ou entrevistadora, este/a ofrecerá un breve resumo acerca da empresa e do posto vacante. Posteriormente, comezará a avaliación da túa candidatura.

-  Avaliación da túa candidatura

A/o entrevistadora/o preguntarache sobre os teus anteriores empregos, as funcións que desenvolviches e o que aprendiches nestes traballos.
Non te preocupes si non tes experiencia, tes  puntos fortes a resaltar, amosa ó/á entrevistador/a que es a persoa axeitada para cubrilo posto destacando os aspectos de teu currículo e personalidade que te convertan na persoa idónea para o posto.

Se o entrevistador/a che pregunta polos teus puntos débiles terás que amosar sinceridade e confianza en ti mesmo, identificando aqueles feitos que te poidan prexudicar e presentalos de maneira positiva.
Como por exemplo, ¿es moi novo? "A miña idade pode parecer un inconvinte, pero podo demostrar as miñas ganas de aprender e traballar para aplicalos coñecementos da carreira".

É probable que o entrevistador che faga preguntas que lle permitirá valorar as túas competencias. Por competencias enténdese o conxunto de actitudes (cómo es), habilidades (qué sabes facer) e capacidades (qué podes facer) como por exemplo a túa capacidade de traballar en equipo, o teu sentido da responsabilidade, a túa capacidade de adaptación, a túa iniciativa ou a túa capacidade de planificación e organización.
En canto a túa motivación avalíase ó longo de toda a entrevista, con preguntas orientadas a descubrir os teus obxectivos profesionais, a túa dispoñibilidade, os teus desexos de promoción, e as túas aficións persoais. As veces unha boa motivación pode compensar carencias de formación ou experiencia.

-  Saber escoitar

Escoita activamente a entrevistadora, déixalle dirixir a entrevista, pero saca proveito das oportunidades de falar. O entrevistador é o xefe, o condutor. Non ofendas ó entrevistador.

- Expresión verbal

Cando te dirixas ó entrevistador, faino sempre de vostede ata que che pida que o tutees.

Exprésate de maneira clara, concisa e estruturada. Non fales demasiado rápido e esfórzate por acabar todas as túas frases. Non respondas con monosílabos, pero non deas explicacións innecesarias.

Non uses palabras de argot e intenta substituílos "peros" por un "ademais". Se che piden informática e inglés, e dis "pero é que son de letras e francés" estás perdido. En cambio, un "ademais teño coñecementos de francés" daría un sentido diferente.

Fala sempre con educación e respeto dos teus antigos traballos, empresas, superiores ou compañeiros. Xamais debes criticalos. Os comentarios negativos poden crear desconfianza no entrevistador, que podería pensar que es unha persoa complicada.


-  Linguaxe corporal

O linguaxe corporal xoga un papel destacado, xa que transmite moita información sobre ti. Os aspectos a ter en conta son:

Postura: convén coidar a maneira de sentarse. Espera a que o entrevistador te convide a sentarte e mantén unha postura corporal correcta: non cruces os brazos, non agaches a cabeza, non te apoies atrás (pode demostrar desinterese) nin te incorpores demasiado cara adiante (pode demostrar nerviosismo e intranquilidade).

Xestos e tics: non xesticules de forma esaxerada. Xogar en demasía coas mans ou rascarse o pelo máis da conta son algúns xestos que poden xurdir como consecuencia dos nervios. Non des golpes no chan cos pés, nin xogues con obxectos próximos. Intenta manter os pés quedos e as mans cruzadas. Non mires o reloxo. Un simple xesto pode transmitir máis información da que se imaxina.

O ton de voz: non fales moi alto nin rápido. É importante gardar silencios para escoitar o entrevistador/a e non precipitarse nas respostas.

Sorrí moderadamente: O sorriso relaxa o ambiente, abre os canles de comunicación e facilita un estado de ánimo positivo.

Mirar ós ollos do entrevistador/a: O contacto visual é importante porque indica sinceridade e seguridade en ti mesmo/a.

Naturalidade, confianza e sinceridade:

Dá unha imaxe de naturalidade e de confianza en ti mesmo. Móstrate seguro ó contestar as preguntas do entrevistador, ou ó formular as túas, sen ser inxenuo nin prepotente.
É normal estar algo nervioso nunha entrevista de traballo, e os entrevistadores entenderano. Pero este nerviosismo non pode aniquilarte, nin darlle a pensar ó entrevistador que estás mentindo.
Antes de todo, sé ti mesmo. Se te elixen, será moi difícil interpretar un papel todos os días.

Uns consellos obvios

  • Non masques chicle.
  • Apaga o móbil antes de entrar no despacho do entrevistador.

Na primeira entrevista, o máis importante é o posto de traballo ó que queres acceder e non o salario, nin as vacacións e permisos. Estes temas poderanse abordar a fondo en posteriores entrevistas.


Ó FINAL DA ENTREVISTA


O entrevistador será o encargado de dar por finalizada a entrevista. Chegado a este punto será mellor non prolongala de maneira innecesaria.
Se non mencionou nada sobre os próximos pasos a seguir, toma a iniciativa, preguntándolle directamente: ¿Pódome informar de cales son os próximos pasos do proceso da selección?
Antes de saír, dá as grazas ó entrevistador polo seu tempo e confirma o teu interese por conseguir o posto. Tamén podes pedirlle a súa tarxeta de visita.



¿Chamaronte para unha entrevista?. TRANQUILO.
Sigue os consellos que che achegamos no vindeiro video e verás como todo sae ben.
ADIANTE!!!! VAS A CONSEGUILO!!!!




Entrénate para unha entrevista de traballo: a presentación

Bo exemplo
                                           

Mal exemplo



Para máis información  e vídeos con consellos, entra nesta páxina:
http://www.todofp.es/todofp/orientacion-profesional/busca-empleo-entrenate/entrevista-trabajo.html