CURRICULUM

CURRICULUM VITAE

Antes de porte a redactar o currículo convén que coñezas e teñas presente unhas sinxelas regras esenciais que che axudarán a lograr un bo currículo, conciso e ben estruturado. Non as esquezas.
  • Ser breve, conciso/a e directo/a. O teu currículo non debe pasar dunha ou dúas follas, como máximo.
  • Emprega un papel de cor branca ou de cores claras, en formato DINA4.
  • Escribe cunha fonte lexible e cunha presentación espaciada que facilite a lectura.
  • Non o escribas a man, a menos que así o esixa a empresa. É preferible escrito en computador que mecanografiado.
  • Evita os adornos e filigranas, e non abuses das cores. O curriculum debe transmitir profesionalidade. Axúdate de negritas e destacados para lograr unha maior claridade.
  • Respecta as marxes, deixa espazo entre os parágrafos e escribe por unha soa cara do folio.
  • Coida o estilo e evita os erros de ortografía. Emprega sinónimos e evita as repeticións excesivas.
  • Non convén utilizar abreviaturas.
  • Ser honesto/a. Mostra as túas mellores habilidades, destaca o que che convén resaltar, os teus logros, pero nunca inventes.
  • Ser positivo. Non hai porqué explicar fracasos ou suspensos. Vende o mellor de ti mesmo, pero de forma breve, concreta e sinxela.
  • Lembra que non fai falta incluír os documentos e títulos acreditativos, a non ser que o soliciten.
  • A fotografía que achegues ha de ser recente e de tamaño carné


Algúns exemplos de interese aparecen nos seguintes enlaces:                                                                                

BÁSICO                                                                                                              SEN EXPERIENCIA 










                                                                                                       
FUNCIONAL                                                                                                      CRONOLÓXICO



CARTA DE PRESENTACIÓN

A carta de presentación ten tanta importancia como o propio currículum. É a porta de entrada, o noso representante. Por iso, debemos prestarlle unha especial atención, e preocuparnos no so polo que poñemos, senon tamén por cómo a visibilizamos.

A continuación tes unha serie de consellos prácticos para axudarte:
  • Usa un linguaxe clara y concisa. Sempre é mellor poñer frases curtas e sinxelas e evitar as frases rebuscadas.
  • Redacta parágrafos curtos e separados e utiliza verbos de acción.
  • Emplea un ton cordial e respetuoso.
  • Non sexas retórico.
  • Sé positivo, deixa que o teu optimismo entrevease nas tuas palabras, pero evita usar un ton demasiado efusivo e coloquial.
  • Evita dar lástima.
  • Descrebe as tuas aptitudes, as tuas habilidades e logros sen pedantería.
  • Non repitas o que xa aparece no currículum, senón remarca o que consideres mais destacable.
  • Non tutees a ninguén que no coñeces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario