LECER

Nesta sección poderás atopar actividades e lugares onde poder organizar o teu tempo de lecer en Ourense.

XUVENTUR 2018


Que é “ XuvenTur”?
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural , en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade. Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.

Quen pode participar?
XuvenTur” está dirixido á xente nova que teña entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia.
Obxectivos do programa:
  • Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal.
  • Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto.
  • Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de Galicia.
  • Promover a educación ambiental e o ocio saudable.
O programa, que é gratuíto, inclúe:
  • Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas no momento da asignación dos mesmos
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas)     
O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.
Prazas
O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 18.
Inscricións e reservas
  • A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que podes descargar no seguinte enlace.
  • As prazas asinaranse por estrita orde de chegada.
  • A confirmación da praza farase por correo electrónico. Unha vez confirmada a praza haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a fotocopia escaneada do DNI. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónicoxuventude.programas@xunta.gal indicando no asunto o programa ao que está inscrito.
Aviso: a falta de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en reserva.
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición comezará o día  14 de setembro ás 9:00 horas.
Adxudicación das prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar todas as dispoñibles por programa.
No formulario de confirmación de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.
Para máis información sobre cada programa preme aquí

RECURSOS DE BUSCA






















          



FESTIVAIS EN OURENSE

Resultado de imagen de fito ourense

Resultado de imagen de miteu 2018













CONCERTOS E FESTIVAIS DE MÚSICA EN GALICIA

Resultado de imagen de regalamusica

Conciertos Galicia