NOVIDADES

Neste apartado disporás de todas as novidades a nivel ocupacional, formativo, laboral e económico que poidan interesarche para a túa emancipación na provincia de Ourense.

XX CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO

Ourense acollerá os días 28 e 29 do vindeiro mes de novembro a celebración do XX congreso estatal de voluntariado
Prevese que arredor dun milleiro de persoas e entidades asistan a este simposio no que terán cabida todos os actores relacionados coa solidariedade: organizacións non gobernamentais, administracións públicas, empresas e entidades
Entre os obxectivos do congreso está o de debater sobre o futuro do voluntariado. Baixo a lenda Enlázate ao voluntariado poñerase o énfase na importancia que as accións altruístas teñen para avanzar cara unha sociedade mellor así como para unha futura empregabilidade das persoas máis novas
Está aberto o prazo de inscrición daquelas persoas e entidades interesadas en asistir ao congreso, tanto para os mostradores como para a asistencia en grupo. Deben anotarse na páxina web do evento, https://enlazatealvoluntariado.gal/e teñen como data límite para facelo o 15 de novembro ou ata completar a capacidade.

APLICACIÓN MÓBIL PARA LOITAR CONTRA AS AGRESIÓNS SEXUAIS "AgresiónOFF"


A Xunta lanza unha aplicación móbil para loitar contra as agresións sexuais.
Na mesma incluirase un decálogo contra a violencia sexual, consellos prácticos de como actuar ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información.
Nas seguintes versións da aplicación incorporaranse novas funcionalidades como a posibilidade de compartir a xeolocalización con calquera dos contactos que teña o usuario para que estes poidan saber o percorrido que se está realizando.
A aplicación xa se pode descargar para os sistemas operativos Android e nos próximos días para iOS.

XXXI PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN


Poderán presentarse a este concurso poetas de calquera nacionalidade, sempre e cando os traballos presentados estean escritos en lingua galega e se axusten aos parámetros normativos do xénero narrativo que se convoca.
Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, non comprometidos con editorial algunha e non premiados nin presentados a outro concurso pendente de fallo no momento de enviar os orixinais a este certame, o cal se acreditará xuntando aos documentos unha declaración xurada.
Os exemplares terán unha extensión mínima de 500 versos, presentaranse, inescusablemente, por cuadriplicado, mecanografados, en papel tamaño DIN A-4, a dous espazos, soamente polo anverso, debidamente encadernados ao seguinte enderezo:
“XXXI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro. A Coruña
prazo para presentar poemas estará aberto ata o 9 de novembro de 2018.
dotación do premio é de 2.300 €. Terá, á súa vez, o carácter de anticipo de dereitos de autoría pola primeira edición da obra. O/a autor/autora recibirá gratuitamente 25 exemplares desta.
Máis información clicando aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario