FORMACIÓN

Neste apartado disporás de información actualizada coas accións formativas que se realicen na Provincia de Ourense.

CURSO SOBRE O COMERCIO ELECTRÓNICO

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC) convocan un curso sobre o comercio electrónico.
Requisitos:
Poderá participar na actividade formativa convocada mediante esta resolución o persoal do IGCC, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dos Espazos Xoves e das OMIX que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar .
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de outubro de 2018.
Código do curso:  CV18043. Comercio electrónico.
Desenvolvemento:
Modalidade:  teleformación.
Duración:  20 horas.
Edicións:  1.
Datas:  do 23 de outubro ao 23 de novembro de 2018.
Proba final:  23 de novembro: das 9.00 ás 14.00 horas.
Para máis información clica aquí

PROGRAMACIÓN UNIVERSIDADE POPULAR OURENSE 2018-19



DESTINATARIOS 
Poboación adulta de Ourense, maior de 16 anos, sen límite de idade. 
PRAZO DE PREINSCRICIÓN 
Do 1 ao 31 de outubro de 2018 con preferencia na orde de entrada da solicitude á hora de ter praza. As persoas preinscritas despois desa data, quedarán en lista de espera. 
PREINSCRICIÓN 
•A preinscrición será online a través da web da Concellería, cubrindo un formulario, que se colgará na web o día 1 de outubro ás 09:00 h, e recibindo un PDF de confirmación, co número de rexistro, data e hora da mesma. 
•Prégase elexir, no posible, no formulario de preinscricion, a opción “correo electrónico” como medio de recibir a informacion de matriculación (por axilidade, rapidez, eficiencia e aforro administrativo) •De ter algunha dificultade á hora de prenscribirse a través de Internet, poderase acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), en horario de 09:00 h a 14:00 h. •Poderanse inscribir nun máximo de CATRO accións formativas. 
•Non se poderán cambiar os cursos elixidos na solicitude de preinscrición, despois do 31 de outubro de 2018 (no caso de cambiar algun dato, deberán dirixirse á Concellería de Educación) 
MATRÍCULA 
• 33 € (no momento de confirmación de admisión, durante as semanas anteriores ao comenzo de cada actividade se lles notifica a admisión ás persoas que teñen praza) 
• Unha vez formalizada a matrícula, non se devolverá o importe da mesma (agás no caso de anulación do curso por motivos organizativos). 
* No caso dos obradoiros de artesanía o alumnado correrá tamén cos gastos de material. 
* No caso dos cursos de Teleformación online será necesario que o alumnado dispoña de ordenador propio e conexión a Internet; xa que se trata de cursos non presenciais. 
PARA OBTER O DIPLOMA ACREDITATIVO SERÁ NECESARIO ASISTIR AO 85% DAS HORAS TOTAIS DO CURSO No caso dos cursos online, obter o diploma acreditativo dependerá da superación do curso, mediante informe de avaliación do profesorado.

BOLSAS PARA CURSAR ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS E UNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2018/2019

O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:
1. Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarios:
a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
c) Ensinos artísticos profesionais.
d) Ensinos deportivos.
e) Ensinos artísticos superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos militares superiores.
h) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de Formación Profesional.
j) Formación Profesional básica.
2. Ensinos universitarios:
a) Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao.
Os prazos para presentar a solicitude:
a) O 15 de outubro de 2018, inclusive, para os estudantes universitarios.
b) O 1 de outubro de 2018, inclusive, para os estudantes non universitarios.
A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es mediante formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior desta páxina

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA

A Consellería de Educación convoca, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos preparatorios poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.
Inscrición: www.eoidigital.com/preinslinguagalega
prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Máis información no DOG do 14 de agosto de 2018 e en http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga

CURSOS AFD 2018 CONCELLO DE OURENSE

GUÍAS INFORMATIVAS FP / FPB / FP DUAL (ENLACES)







Preinscripción na Escola Oficial de Idiomas de Ourense

Matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Ourense