EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL EN OURENSE



As Empresas de Traballo Temporal (ou ETTs) realizan unha labor de intermediaria entre o/a empresario/a e o/a traballador/a. Cos currículums dos/das candidatos/as elabórase unha base de datos para realizar o proceso de inserción, adecúandose aos requisitos de cada oferta. As ETTs que se expoñen a continuación atópanse na cidade de Ourense e, como cada empresa require un proceso diferente de inscripción, a continuación detallamos a principal vía para rexistrarte como candidato/a. Pinchando en cada foto podes acceder á páxina web principal.

Randstad ETT: na súa páxina web atopamos unha sección dirixida aos novos candidatos que buscan asesoramente para atopar un emprego. Esta sección atópase na páxina principal da web e titúlase "Candidatos" e dá dúas opcións principais; a busca directa de emprego e a posibilidade de enviar o teu currículum e que a empresa comece o proceso. Tamén podes visitar a súa oficina na Rúa Capitán Eloi, 29.

Eurofirms: esta empresa facilita a inscrición de maneira online a través da súa páxina web. No ángulo superior dereito, poderás atopar a opción "Novo candidato". A partir de ahí comezará o teu rexistro. A súa oficina está situada na Avenida Buenos Aires 2, entreplanta, oficina nº2.

Ader ETT: a sede física de ésta empresa encontrase na rúa Ramón Cabanillas nº8. A empresa posibilita a opción de inscripción online e subir o teu currículum, ou buscar emprego directamente.

Flexiplan S.A. ETT: este empresa situada na Rúa Caneiro, 19 baixo, traballa en colaboración co grupo Eulen, e se visitamos a súa páxina ofrécenos tres posibilidades para atopar emprego. Por unha banda, podemos buscar ofertas de emprego e tamén enviar o noso curriculum, e por outra ofrece un servizo de intermediación laboral en colaboración cos servizos públicos de emprego, como axencia de colocación.
Manpower team ETT: esta empresa situada na Rúa Alameda do Cruceiro, 11, local 3, ten unha páxina web na que nos podemos rexistrar e crear un perfil profesional e tamén buscar ofertas de emprego. 
Resultado de imagen de manpower ett

Nortempo ETT: ten a súa oficina na Rúa Emilia Pardo Bazán 9, local 5. Na súa páxina web podemos buscar ofertas de emprego, enviar o noso curriculum, ofrece un servizo de intermediación como axencia de colocación. Tamén ten un blog onde publican enlaces e artigos interesantes para a busca de emprego.



Legaria Gestión ETT S.L.: podes deixar o teu curriculum vitae na oficina que ten situada na Avenida Buenos Aires 20, entreplanta.

Adecco ETT: esta empresa tamén ofrécenos a posibilidade, na súa páxina web, de facer unha busca directa de emprego por internet e tamén a de enviar teu curriculum e que a empresa comece o proceso. Tamén te podes pasar pola súa oficina na Rúa Emilia Pardo Bazán, 1.


No hay comentarios:

Publicar un comentario